Velaí motivos polos que Ferrol está agochado

e acaso xa me teño pronunciado sobre esta cidade en canto que é o que ten de grande e cales son as súas miserias. Destas hainas en calquera parte, porque non falta concello, autonomía ou Estado que vaia surtido delas. As diferenzas, sen embargo, entre ter máis ou menos dependen da capacidade de realización dos que mandan e xa temos comprobado que aquí, polo momento –e aínda peor, polo que se pode aventurar– estas parecen medrar máis que perderse. Non é culpa dos ferroláns, como tampouco culpa única do goberno de turno. E é que cada un dos que levamos tido ata agora tivo que facer fronte, uns máis e ouros menos, ós mesmos problemas. Sexamos sinxelos con nós mesmos por unha vez. A todo político lle confiro confianza á hora de se interesar polos seus veciños, mais non sempre aturan. O que si debemos esixir son uns mínimos aceptables. Mentres, Ferrol está agochado.

Velaí motivos polos que Ferrol está agochado

Te puede interesar