Vaia por Deus; ferven fabas no Concello ferrolán

VOu máis ben diríamos que xa tenderon a roupa. A verdade é que nunca que eu lembre tanto movimento houbo da praza de Armas, e iso que xa non se permiten as aglomeracións por mor do seu penoso estado estrutural. Non sei se son fabas, garbanzos ou chícharos, pero que a pota estaba ao fogo é máis que evidente despois do que hoxe lera sobre a marcha do pleno dunha concelleira do grupo de goberno. O preocupante é que vai ter razón máis de un sobre que os hábitos do alcalde non casan moito coa opinión dos demais e que o núcleo duro, no que ademais de Basterrechea e Montes se supón que haberán de estar Rosa Méndez e Fernández Lemos –edís díscolas da outra díscola– ordena e manda cando lle interesa, é dicir, de portas adentro. O noso alcalde, afeito ó sorriso permanente, faise o sorprendido. Vaia por Deus!

Vaia por Deus; ferven fabas no Concello ferrolán

Te puede interesar