Sentidiño e temeridade

Lembro que non hai moitos anos –non teño gañas de consultar as hemerotecas, en especial para ver desgracias– que varios membros dunha mesma familia morreran en Valdoviño un día de forte tormenta. E, para máis dor, penso que foi en plenas festas de Nadal. E lembro isto porque esta mesma semana, coa galerna que semellaban as ondas que se achegaban ás costas galegas, tiven tempo de comprobar que de nada, ou de pouco, sirven as advertencias e, o que é peor, os feitos consumados como o que xa nombrei. Certo que a meirande parte da xente ben que se gardaba de non achegarse á beira para disfrutar de todo un espectáculo da natureza que ben paga a pena velo. Pero tamén tiven oportunidade de comprobar que o sentidiño continúa a rifar coa temeridade –ambos termos totalmente irreconciliables– e non faltaba quen, lonxe de ver o perigo, pensaba que isto das ondas salvaxes non ten riscos. Ás veces só somos xente.

Sentidiño e temeridade

Te puede interesar