Sen recorrido

Volvo insistir, aínda que corro o risco de que, por facelo, os meus pequenos artiguiños xa non interesen por aburridos. Pero é que non aturo con isto de que, dous anos despois, o alcalde de Ferrol estea a dar a mesma mensaxe que canda tomou posesión do cargo. O conto non so non avanza senón que semella que non ten xa máis recorrido. Quero dicir que, se eu aburro, el aínda máis con isto dos orzamentos municipais. Tendo en conta o difícil que lle resultaría aprobalos entre o rexeitamento lóxico do PP, a vinganza da súa ex socia de goberno e o máis que esperado “non” do Bloque, debe pensar que non paga a pena face-los deberes. Xa levan dous anos así e a cousa lles “funciona”. Por que logo mudar de estratexia?

Sen recorrido

Te puede interesar