Vaia có demo, diría máis de un. Este homillo, de flequiño ieié, debe de estar algo máis que resentido por isto de estar de vacacións en Bélxica e non poder volver á terriña por mor de acabar no cárcere. Talvez non pensou que iso de volver e deixar que o arresten suporía actuar, dunha vez por todas, cun mínimo de coerencia. Porque, que outra cousa lla podería dar máis que apencar cos feitos e se converter nunha “vitima” real do Estado, nun preso de conciencia –que non de miolos–, cara a mobilizar aínda máis ao electorado independentista e erguerse deste xeito en exemplo de sacrificio polas ideas que –dí el– comparten a meirande parte dos cataláns? Ademais, e xa porque abonda, que máis chupinazo para o Estado que que iste lle tivera que pagar cama e prato? Este Puigdemont, ai, ai, ai...