Plan de transporte?

Por unha desas casualidades que se dan tanto en Ferrol, atopeime onte co director do xornal e deume por lle preguntar sobre os aconteceres diarios. A certas idades as sorpresas deixan xa de dar sustos, pero aínda así abraian a un. O digo por iso –díxome– de que hoxe sairía publicada a cuestión do transporte no rural, xa que logo me entero de que no Concello non sabían nada de que, tamén hoxe, daría comezo. Comprenderán o da “sorpresa”. Aínda así non quero por as mans no fogo responsabilizando a unos (o goberno local) o a outros (a concesionaria ou talvez a Xunta) sobre tal desfeita. De todo –penso– seguro que hai. O que abraia é constatar que, ó fin e ó cabo, os veciños somos o de menos, como se, por acción ou omisión, teñamos as costas para levar só paos, e non precisamente de cego. Xa dirá algo algún “competente”.

Plan de transporte?

Te puede interesar