Os nenos e a corrupción

eño dous netos. O maior xa vai para as trece primaveiras e penso eu que está máis preocupado das cativas que doutra cousa. A irmá ten sen embargo sete anos menos e, dado que co outro pouco se pode falar porque lle arrepía que se lle pregunte calquera cousa –debe de pensar que todo ten que ver cos amoríos–, é con ela coa que máis me levo. Que tamén co rapaz, pero como non fala... O certo é que outro domingo, que é cando vou recollelos para tomar o único café da semana fóra de casa porque gosto de ler a prensa con calma, collínna lendo un, para a súa idade pensaba eu, dabondo longo artigo da revista que acompaña ó xornal. Pensei que se aburriría pero quedeime pasmado ó ver que non levantava a cabeza ata que o deu lido. E, claro, pregunteille –xa que pasmado xa estaba– se o comprendera. “Vai disto da corrupción avó, que todos rouban o diñeiro noso e que din que ninguén fai nada” –traduzo porque o dixo en castelán–. O dito, pasmado.

Os nenos e a corrupción

Te puede interesar