Obxector electoral

Ás veces –e o digo para os máis novos– convén aceptar os erros, porque o certo, e iso só se produce cando cumpres anos, é que todos nós temos dabondo deles. Mesmo cando mercamos unha camisa e unha garabata que non acerta e que, do erro, fai a muller un mundo e monta as de dios. O dereito ó voto é un ben democrático do que xa estivemos moi alonxados, pero tamén é un dereito non exercelo, pese a que nos veña algún que outro amigo ou familiar a defender que para o caso ben se pode facelo en branco. Pois non tal. Xa hai moito tempo que declareime “obxector electoral”. É máis, foi cando aquelo do PSOE de González sobre a OTAN baixo o lema “De entrada non”. Caín na conta, coma moitos outros, do dobre sentido e díxemen  que nunca máis, pero non porque non quera exercelo senón por non hai –penso– quen o teña gañado, ao menos o meu. Farrapos, pero cos que vivo tranquilo...

Obxector electoral

Te puede interesar