Nada muda

Os fillos e netos “resérvanme” o mes de xullo todo enteiro. Quero dicir, e isto non llo voto en cara, que tamén gusto de que os maiores aproveiten o verán –aínda que por aquí non deu chegado moito–, que o gardan para eles. Os primeiros para tratar de descansar e os segundos para xogar todo o que poden e, de paso, tirar do peto do avó nas chuches, nas festas, nos mercadiños e máis nos xeados. Non pasa nada. Para iso está un mentres lle queden folgos, aínda que ás veces penso que máis me terían que meter a mín na piltra que eu a eles. Pero terminou xullo e a maioría xa se foi. O máis pequecho aínda bule polo sofá, ó que gosta de subir e baixar, toleando ó can tanto coma a mín. Pero agora xa teño oportunidade de volver a ver o que pasa, ou vexo, na rúa. O dos netos dame que pensar. Por exemplo, se eles verán, se é que quedan por estes andurriales, que algo teña mudado cando sexan maiores. Aínda son moi novos para apreciar nin cambios nin estancamentos. Un xullo coma o de 2015, pero cun neto máis.

Nada muda

Te puede interesar