O máis mítico de todos os nosos míticos

Deduzo que o voceiro de Ferrol en Común no Concello, o señor Álvaro Montes, puxo en práctica iso que é tan doado de facer noutras esferas políticas como é informar dos principais acordos que se teñen dado nos órganos de goberno. Digoo porque xa hai semanas que o sábado aparece na prensa escrita o contido destas charlas que, por certo, parecen máis un relatorio do que se fixo ó longo da semana e do que xa falaron outros concelleiros e mesmo o señor alcalde, que outra cousa. Supoño que alguén lle diría que isto de facer balance ten moito máis sentido cando hai algo meritorio do que falar, porque, polo que vexo, as dificultades –ou incapacidade?– para que se vexa algo neste goberno tan solitario, non parecen contar e máis se asemella ós típicos comunicados das empresas que van mal. Montes vai camiño de ser o máis mítico de todos os nosos míticos.
 

O máis mítico de todos os nosos míticos

Te puede interesar