As fuxidas tamén afectan á formación do “cambio”

Se de cambios temos que falar, que é o que abandeiraba a nova esquerda ferrolá como alternativa ao goberno do Partido Popular, ben se ve por onde van. Tendo en conta que xa van tres os concelleiros que, despois de tomar posesión do cargo ao principio do mandato, xa se foron, ben orgulloso ten que estar o alcalde de tal feito. E é que, incluida a marcha de Esther Leira, nada máis e nada menos que a metade do seu grupo mudou, o que en política, e se acaso, na vida en xeral, non ven rubricar aquelo que tanto vendía, e penso que insiste nelo o señor alcalde, da unidade. Teño curiosidade por coñecer a lectura de fec –así, xa en minúsculas– “oficial” sobre o particular, que de seguro bota balóns fóra. O máis obvio é que xa non lembren as súas críticas pola “fuxida” que dicían que fixeran os do PP que se foron. As fabas, xa o dixen, seguen a ferver neste mundiño –xa friqui– dun fec que fede.

As fuxidas tamén afectan á formación do “cambio”

Te puede interesar