Frecuentar o futuro

O doutor Cardoso fala con Pereira e dínlle: frecuente o futuro. Para mín é unha das frases máis abraiantes de “Sostiene Pereira”, do italiano Antonio Tabucchi. En especial porque é a partir de entón cando Pereira comeza a albiscar o cambio que determinará a súa vida na ditadura portuguesa de Salazar. Venme á cabeza a contundencia da frase porque cae ó pelo en casos como o de Ferrol, nos que parece que aínda moitos están ó abeiro do pasado. Debe de ser esto último por aquela cousa da que tanto gustamos os humanos que é a de preferir o malo coñecido que o bo por coñecer. E penso tamén que, lamentablemente, este é o pensamento que supera toda perspectiva nas xentes que nos gobernan, que teñen pensadas moitas cousas pero que teñen medo de poñelas en marcha, ben porque se ven superadas por esa inmensa maioría da que falaba, ben porque no saben como facelo. Frecuentar o futuro é, en calquera caso, algo que non practicamos. 

Frecuentar o futuro

Te puede interesar