Fitur

Ferrol e outros concellos da comarca levan anos visitando Fitur co gallo de facerse notar no amplo e variado panorama turístico deste país. Algo de bos resultados pode deducirse que hai cando o certo é que por estas terras cada vez se achegan xentes doutros lugares e mesmo dos estranxeiro. Razóns non nos faltan para ser polo de atracción turístico pero teño que insistir en que, como cidade que é ista, moito falta por facer. Cousas como as das Meninas están moi ben pola súa orixinalidade, pero mellor estaría que as rúas do centro histórico tiveran outro aspecto o –xa o dixen en máis dunha ocasión– non teñamos que pasar vergoña algunha de que quen ven vernos vexa estropicios como os de Ferrol Vello, onde, por moito que quixera pintalo un afamado artista, difícil tería atopar unha parede sen desconchados ou cousas peores, que tamén hailas. Así que –insisto– a ver se alguén se pon facer algo e deixamos de vender cousiñas para ofertar, aló menos, unha cidade á altura da demanda turística. Claro que as feiras como Fitur non están precisamente para levar o que non se pode nin ver.

Fitur

Te puede interesar