Ardora, esa luz

Nunca, na miña xa longa vida, pensei facer o que agora, de cando en vez, fago aquí, neste xornal, falando de cousas que nin moito menos penso que podan interesar a alguén. Pero ahora que así o fago teño a extraña sensación de que, se non tivera esta oportunidade, votaríaa en falta. É como esa luz do atardecer que irradia o mar calmo, ás veces cun chisquiño de vento, unha brisa sutil que fai tililar os reflexos nas pequenas ondas. Nunca metínme en política ni nada quero ter con ela. Por ter, teño o carné de identidade –sin o cal sería un indocumentado obrigado a dar moitas explicacións–, o de conducir –porque xa hai moito que non quedoume máis remedio– e unha tarxeta bancaria. Xuroo; só unha. E iso porque sin ela xa non fas nada e porque o propio sistema, como pasa co carné, obriga a tela. Para o demais son un estoico ó que lle espanta a credulidade con que os políticos nos visten.

Ardora, esa luz

Te puede interesar