Algunhas desas ideas das que todo o mundo gosta

Non faltará –estou certo delo– quen poña o grito no ceo polo feito de que as xogadoras do Uni Ferrol foran as pregoeiras das festas de Ferrol. Agoreiros, diría eu, sempre hai, tanto se chove coma se non, porque algo teño visto nas redes e mesmo nos comentarios dalgún patán a informacións publicadas pola prensa en xeral. Pero penso que, nunha desas raras oportunidades nas que o goberno municipal acerta –que lle imos facer–, a elección foi axeitada, non só polos méritos destas cativas senón pola súa simpatía e a súa mensaxe. É certo que hai xente, e mesmo outros clubes deportivos que nesta última tempada teñen destacado dabondo. Mesmo é, sen ir máis lonxe, o caso de O Parrulo. Pero supoño que neste caso non se da a pelusa merdenta da que tanto gostamos por aquí. Para a xente do común, como se dín, foi un merecido, xusto, axeitado e respectado inicio das festas de verán.

Algunhas desas ideas das que todo o mundo gosta

Te puede interesar