A taxa que nin diola!

éveme o demo si alguén pode aturar que, contra do interese común, haxa aínda políticos que miren máis polo oportunismo que polo ben noso. Non é que non quixera ter un servizo público nesto do subministro da auga e da depuración da ría, que xe me gostaría, pero os feitos mandan e non vexo como se pode xustificar tanto desleixo como o que se ve en Ferrol. Duns e doutros, que non exclúo a ninguén. Uns, porque non se enteran, outros porque metéronse en líos que nin diola por aquelo de querer cumprir co dito e prometido, outros porque, pese a que, ao fin e ao cabo, se quere facer o que eles dicían, agora non queren, e outros porque dalgún xeito parece que hai que facer pagar o feito de non querer contar con eles. En fin, que baixe Deus e mo explique; ou, mellor, que suba o demo e os confunda a todos eles.

A taxa que nin diola!

Te puede interesar