• Viernes, 30 de Septiembre de 2016

Ferrol para Madrid

Non pensen que quero falar do tren, senón

Non pensen que quero falar do tren, senón do enfoque que os medios nacionais outorgan á nosa cidade –e mesmo a toda a comarca– cada vez que falan dela. Se o comento é porque días pasados lía un artigo cheo de tópicos no diario El Mundo no se que trataba de facer unha semblanza da actualidade política local. Non lles minto si lles digo que non me sorprendín. Seguimos a ser, polo que se ve para esta prensa da meseta, unha cidade na que naceu o Caudillo, cáseque como único logro e estigma polo que parece ser merecente de nombrala. As continuas alusións a este feito deixaron de certo sen contido a información, que tiña coma obxectivo falar da nula xestión do actual bipartito e facíase eco das protestas dos conservadores aludindo á ingobernabilidade, á incompetencia e á desidia. O alcalde non saía moi ben parado, talvez non por culpa del, que seguro que algo máis tería dito, pero de aí ao titular da reportaxe –“La ‘República’ de En Marea en el Ferrol de Franco”– hai un bo treito de realidade. Señores de Madrid: Franco xa morreu hai décadas, e pasar, o que se dí pasar por aquí, fixoo pouco.