• Viernes, 23 de Junio de 2017

Poden convivir os mortos cos vivos.

Atopamonos nunha época reinvidicativa no que se refire a igualdade

Atopamonos nunha época reinvidicativa no que se refire a igualdade. Tamen estamos inmersos nunha revolución de avances e camiñase a pasos axingatados cara a modernidade das institucions. Pasouse dos anos escuros da represión a que todos os seres humanos foran tratados en igualdade de condicións. Por medio das tecnoloxías abríronse moitas portas e os que antano foran queimadas nas fogueiras, por bruxas e curar coas herbas pasaron a ser parte da vida cotiá como ten que ser. Antigamente só podían ser reinas as nacidas con sangue azul. Hoxe en Europa existen princesas que antes foran nais solteiras, non fai falta ir moitos anos atrás cando o ter un fillo de solteira era unha desgraza para a nai e para familia que quedaba estigmatizada na sociedade. De igual xeito se eras gai podías ser hasta fusilado como pasou con Federico Garcia Lorca e tantos outros. E coa chegada da apertura a moderdinade tamen hasta igrexa católica vai dando pasiños permitindo as parellas que romperon ese xuramento con Deus “ata que a morte os separe” e escoitabas esas palabras como unha sentencia de morte saira ben ou mal, e se rompías o vinculo eras excomungado, agora xa poden volver a formar parte da igrexa os divorciados. A igualdade e a moderdinade tamen entra con forza na política, nas profesións que antes só eran de homes e na literatura douscentos anos atrás as mulleres como Avelina Valladares, Nicolasa Añon, Marcelina Soto, irmás de Francisco Añón, Marcial Valladares e Manuel Soto, respectivamente debían quedar nas sombras e que brillaran eles como homes. As Academias da Lingua tamen abriron as portas, con conta gotas as mulleres e en pleno seculo XXI cada vez que unha muller e nomeada academica parece que é unha cousa extraordinaria cando debería ser o máis normal e as felicitacións deberían ser pola sua condición de escritora e non de ser unha muller en logralo. Pero vamos pouco a pouco, pasiño a pasiño avanzando para a igualdade e a erradicación dos roles. E xa que estou a falar das Academias da Lingua e tan próxima a data do día Das Letras Galegas poñeme a pensar na condición de que a persoa a que se lle dedica este recoñecemento debe levar morto 10 anos. E venme a mente Adolfo Suarez: “Mira que tiveron anos mentras el viviu para poñerlle o seu nome o aeroporto”. Como dicía miña avoa Mamaría “O que non me recoñece de vivo, tampouco que o faga de morto”.
No artículo 4º da Acta da Constitución do Dia das Letras Galegas di así: O millor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas, o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, pra o porvir, cunha xornada oficialmente adicada a honrar ós nosos libros. O día 17 de maio de cada ano viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.
 A pregunta é moi sinxela: ¿É necesario para demostrar o latexo da actividade inteletual galega estar morto? A non ser, que así o entendo, que sexa unha imaxe poética, é unha contradición porque si late está vivo e os autores, sobre todo as mulleres tiveron menos tempo debido as condicións sociais das épocas para poder desempeñar ese rol. De todos é sabido que exceptuando a pioneira e revolucionaria a súa maneira Rosalía de Castro, donde puideron as mulleres tomar as rendas da súa condición foi moitisimos anos despois e o rexurdimento galego de autoras comezou a comenzos do seculo XX.
Esta mestura das mulleres, da apertura, da igualdade, do Día das Letras Galegas fago conscientemente, non é que perderá o fio de que quero decir, e para chegar o punto que desexo expoñer.
Como nos atopamos na CEE escoitamos as comparativas sobre os soldos, o paro, as condicions laboráis, as tendencias, os avances dos outros países membros como si tiveramos que equipararnos e ser coma eles. Isto gústanos facelo cando é para mellorar, protestamos e poeñemolos de exemplo. Decimos que en Suecia gañan máis, teñen mellores coberturas de maternidade, protexen máis os nenos, etc, pero en Suecia teñen o Premio Nobel e non sendo de carácter da reivindicación do idioma si das persoas que polos seus méritos destacan en unhas o outras categorías.
Non me poñades a parir antes de acabar de ler este artigo. Fago este exemplo comparativo do Dia das Letras Galegas co Nobel, precisamente na diferencia que teñen que é a de estar o autor vivo en Suecia e morto en Galicia. A Real Academia Galega debería dar un paso adiante na apertura e recoñecer que hoxe en día hay moitisimos autores que loitan e levan o idioma galego polo mundo e son tan merecedores dese día como os que morreron, porque a conservación dun idioma non se fai soamente con lembrar a aqueles que xa o fixeron, senón adaptarse a moderdinade, as tecnoloxias, a apertura de editorias en galego para co exemplo de tantas mulleres e homes que seguen en pé que fan do galego seu día a día e coa súa escrita trasmiteno as xeracións vindeiras. 
O problema penso eu que o ten a Real Academia Galega na elección dun autor vivo, xa que poideran xurdir conflitos entre os mesmos académicos porque eles están vivos e tamén quixeran ser eles, asi ao estar morto anúlase dun plumazo eses formulamentos que puideran xurdir por amiguiños e non por méritos. Aquí é onde volven aparecer os suecos. Sería este proceso tan sinxelo se imitaramos a maneira súa de escoller o Premio Nobel de literatura.
Primeiro, o comité Nobel invita por carta a entre 600 e 700 personas ou organizacións a propoñer escritores para o próximo ano. Pero estas recomendacións tamén poden vir os antigos galardoados, tamen poden facer recomendacións ou organizacións de escritores. Ninguén pode propoñerse a el mesmo. Nin levar o premio dúas veces como acontece nos certames literarios, pero este e outro tema.
O comité Nobel presenta entón as listas de nomes e a Academia finalmente reducirá a cinco candidatos.
Cada membro da Academia estuda a obra dos nominados e presenta o seus informes. Despois elíxese o gañador por votación. O candidato distinguido debe contar con máis da metade dos votos de todos os académicos. 
Moitos autores que viven con nós xa aparecen nos libros de texto como Marta Dacosta, Marilar Alexandre, Miguel Anxo Fernán Vello, Yolanda Castaño, Manuel Rivas, Helena Villar Janeiro e moitos máis e mulleres como Luz Pozo Garza que ao igual que Rosalía tamen escribiu en español, xa foi nominada o Nobel de Literatura.
O Día das Letras Galegas é a festa do idioma e todos deben ser convidados. Galicia sempre foi unha terra de culto os mortos que conviven cos vivos e isto tamén se pode facer honrando aos que nos deixaron un legado e os que viven por continuar con el.