NIN ESQUERDA NIN PLURAL

Non faltan eurodeputados que, despois de facerse coa acta que os acredita como membros do Parlamento, cren estar investidos de unha sapiencia superior que os faculta para impoñer o seu criterio por enriba de todas as opinións. Ven isto ao caso de que o presidente de esta institución, o alemán Martín Schulz, con ocasión de unha visita que fixo ao Vaticano pediulle ao papa Francisco que, en correspondencia, fose tamén el facer unha visita a Cámara europea, petición que o Papa aceptou sen poñer impedimento. Comentando o resultado da súa visita, Schulz manifestou que o Papa e el falaran da actualidade europea e de un xeito singular da inmigración, e que Francisco escoitara con atención os problemas que arrastra consigo a traxedia dos inmigrantes africanos que el persoalmente palpou no sur de Italia. Tendo isto en conta, non era de esperar que despois de que se fixera público nos medios de comunicación o que acabamos de comentar, un pequeno grupo de parlamentarios de Esquerda Plural levantaran a voz para manifestar que non estaban dispostos a aceptar a visita do Papa ao Parlamento, porque unha institución laica, representativa de toda Europa, non se pode tolerar unha contaminación relixiosa na Cámara, engadindo que cando o Papa chegase eles ausentaríanse da Cámara en sinal de protesta. Para estes políticos de raza parece que o tempo non pasa. Neste mundo, o actual, no que se impón a globalización e no que a humanidade camiña derribando barreiras e fronteiras, resulta chocante que sexan precisamente membros de un foro parlamentar os que se opoñan a estes avances. Que o líder de unha das organizacións relixiosas máis grandes do mundo, que foi recibido en varios países por políticos de diversas tendencias sexa rexeitado precisamente en Europa, resulta incomprensible. Coñecendo ademais o talante de Francisco, aberto a todos, relixiosos ou non, e sendo mundialmente aceptado sen distinción de culturas. Bastantes políticos chamados de esquerda encóntranse perdidos  nunha encrucillada que require reorientación. Hoxe non é onte. Deberían ter o olfacto suficiente para conectar mellor coa realidade social. Do contrario, para quentar o escano no hemiciclo e cobrar, sobran. Non escoitan, crense autosuficientes cando os analistas apuntan cara a un profundo cambio na chamada esquerda, que padece un grave déficit de identidade e mesmo de saber que papel ten que xogar nesta sociedade na que os límites históricos entre esquerda e dereita aparecen diluídos.

 

NIN ESQUERDA NIN PLURAL

Te puede interesar