DEMASIADAS PORTAS ABERTAS

Parece que o mundo se lle fai pequeno a este Papa. Sente urxencia de chegar, de estar en todas partes. Filtracións que saíron do Conclave que o elixiu apuntan que Bergoglio resistíase a aceptar o resultado da súa elección, insistindo en que non era el a persoa apropiada, que os cardeais reconsiderasen a votación e buscasen outro; ata que finalmente fixéronlle comprender que non podía negarse. Agora, nestes dous anos que leva no Vaticano, non hai problema no mundo que non lle preocupe e que non intente contribuír a resolvelo. Esta viaxe arriscada que acaba de realizar a Turquía así o indica. O yihadismo islámico ten o mundo en alerta permanente con execucións crueis e coas redes de captación, agora de rapazas novas, descubertas aquí en Ceuta e Melilla, incluso en Barcelona, para levalas como madres e escravas sexuais. A estratexia de estes fanáticos asasinos –guerra santa din-  consiste en sementar o terror para achaiar o terreo e implantar a súa ditadura. Impoñer a lei islámica en todo o mundo. E para conseguilo precisan varrer antes do mapa todas as outras relixións e os gobernos laicos -din eles-, principalmente a Igrexa Católica, historicamente enraizada en Europa e agora estendida polo mundo, que supón para eles o maior obstáculo. Turquía é un cruce de camiños moi significativo controlado por Erdogán. A este gobernante non deixa de apetecerlle a realidade económica e social europea pero sen soltar o Islam. Algo inaceptable. Aproveita o seu posto clave entre oriente e occidente xogando á política de promesas incumpridas. Primeiro como xefe do goberno e agora como presidente do país. Comprométese con todos e non cumpre con ninguén.  Francisco, considerado polas enquisas a persoa máis influínte do mundo actualmente,  é moi consciente de que o yihadismo preocupa a Europa e quere poñer todo da súa parte na procura de unha fronte común para lograr que non continúe a correr o sangue de tantas vítimas da violencia. As súas armas non están na diplomacia política nin en estratexias de poder senón en abrir espazos que favorezan o encontro e o diálogo entre os dirixentes dos países. Neste caso está Erdogán, pero tamén Bartolomé I, Patriarca Ortodoxo de Constantinopla, unha das Igrexas separadas da Católica dende o s. XI, con quen o Papa busca o xeito de avanzar cara a unión. Pero Francisco non pode desatender tampouco a propia casa, o Vaticano, onde hai de todo, e en boa medida non favorable para os seus proxectos de reforma da Igrexa. Ten que atender dentro e fóra. Demasiado para a súa avanzada idade. Por iso apura.

 

DEMASIADAS PORTAS ABERTAS

Te puede interesar