Xenreira

De cando en veces, réndese homenaxe aos mortos vítimas da xenreira de grupos fanáticos, relixiosos, nazis ou fascistas, que rematan coa vida de tantas persoas. Eses asasinatos masivos cometidos para manter o poder, buscan rematar coa xente de determinadas razas, ideas ou crenzas, diferentes aos dos asasinos. Matar de xeito planificado, non só é unha aberración, senón tamén unha estupidez, pola mesma inutilidade do xenocidio; porque despois de tantos mortos, sempre quedarán algúns cristiáns, xudeus, xitanos, comunistas, republicanos, homosexuais, ou representantes daqueles grupos que se quixeron exterminar. Xa que logo, ademais de asasinos, covardes e ignorantes, hai que chamarlles estúpidos, por non entender que, como a herba e as flores do campo, por moita vida que maten, sempre haberá vida que naza. Aínda que, desgraciadamente, tamén nacen e crecen malas herbas, dispostas a seguir con aquela imperdoable loucura. Será que o ser humano non ten amaño? Non sei.     
 

Xenreira

Te puede interesar