Terrorismo

A xenreira irracional golpea indiscriminadamente non importa onde, non importa a quen, buscando facer o maior dano posible. E a sociedade atópase impotente para frear esta especie de loucura contaxiosa, que afecta a seres de mente débil e enfermiza, incapaces de distinguir o ben do mal, que asasinan e se inmolan, no nome dunha crenza ou dunha ideoloxía que lles foi inculcada por xente que nada arrisca e que, dalgún xeito tira proveito das accións deses descerebrados. Calquera pode ser o obxectivo e calquera o medio a empregar, sobre todo en situacións de grandes aglomeracións de xente, pero sen descartar o acoitelamento aleivoso de xente inocente e desprevida. Enténdese pois o fracaso dos sistemas de Seguridade e Intelixencia das nacións, pois é practicamente imposible prever onde, como e quen vai executar o próximo atentado. Só unha cousa parece segura: ao terrorista non lle serve unha morte soa, é dicir, vida por vida non lles vale. Por agora, claro, pero...  

Terrorismo

Te puede interesar