SUPOÑENDO

Nun programa de radio, unha “tertuliana” defendía a actitude do PP, ante a petición dos socialistas da dimisión do Ministro de Interior despois da entrevista co sr. Rato e preguntaba, que farían os socialistas, supoñendo que a cousa fose ao revés e, nun caso igual, os populares pedisen a dimisión do ministro correspondente. Isto de recorrer ao terreo das suposicións é un xeito de “escurrir o bulto” sen dar explicacións, que demostra a escasa talla política daqueles que acoden a ese subterfuxio. Por outra banda, os “tertulianos” opoñentes tampouco tiveron moitos argumentos para contrarrestar esa defensa, cousa que poderían facer, esixindo que as opinións se centrasen no aquí e agora, rematando coas suposicións e as reiteradas alusións a gobernos anteriores, para xustificar os propios erros. Coido que sería unha boa maneira de reconducir o debate e abordar os temas coa seriedade e o respecto debidos a os ouvintes. Claro que sempre se pode apagar a radio, supoño.

SUPOÑENDO

Te puede interesar