• Viernes, 23 de Junio de 2017

Socialdemocracia

Os noticiarios amosan unha grande preocupación pola desfeita

Os noticiarios amosan unha grande preocupación pola desfeita que está a sufrir a socialdemocracia europea, o que semella indicar a posibilidade dun cambio profundo no sistema socio-económico, rompendo co actual sistema capitalista-burgués, que viña sendo como o centro teórico entre a esquerda e a dereita, é dicir, entre pobres e ricos. Seica foi un invento alemán do século XIX, que foi aceptado daquela polos poderosos, como un mal menor, ou sexa, como un amortecedor entre capitalismo e comunismo. O asunto non estaría mal pensado se todos fósemos burgueses socialdemócratas, mais a voracidade dos que amorean os cartos fai imposible que ese invento funcione indefinidamente e, xa que logo, prodúcese a aparición de novos partidos políticos extremistas, á dereita e esquerda, renovando a eterna loita entre capital e traballo, entre os que non teñen para comer e os que gozan de toda clase de luxos. Porque os do medio están en perigo de extinción. E así nos vai, non é?