Separación

Ela quería o divorcio. El dixo que non. E comezou unha dura loita por unha relación que, en realidade, estaba deteriorada desde había moito tempo, pois nunca existira un verdadeiro amor entre ambos. Alertáronse os fillos, os parentes, os amigos e os veciños, pero non houbo xeito de amañar o problema: ela quería ser libre e independente. Houbo berros, insultos e ameazas e case chegaron ás mans.  Alzáronse voces pedíndolles que falasen, que dialogasen e chegasen a un acordo, incluso falábase dunha mediación, mais o único que se conseguía era aumentar a cerimonia da confusión, pois se non había divorcio, non había posibilidade de diálogo, a non ser que a esixencia fose en realidade unha chantaxe para acadar algún beneficio. Finalmente alguén propuxo unha solución salomónica: dividir a casa en dúas partes; repartir os fillos e os mobles e facerse cargo por igual de haberes e deberes;  e que cada un vivise a súa vida. Así, el perdería. Mais, ela gañaba?  Eu non o sei. 
 

Separación

Te puede interesar