Sabíao

Coñecía o perigo que presentan esa beirarrúa e a rúa, con gretas, desniveis, bordillos afundidos e cunetas incribles nunha rúa urbana, nas que, se non te esmaga un camión contra a parede, pódete “cepillar” calquera dos “fitipaldis das aceras” que por aquí pasan. Sabíao e por iso, cando saía do portal  acendía as miñas alertas. Mais parece que os anos e o costume fai que a sensación de perigo diminúa e, xa que logo, pos un pé onde non debes, o outro pé non atopa o apoio que busca e aló fomos os dous, eu e o meu orgullo dos oitenta ben levados. Despois, dorido viaxe á urxencias e un cachiño de vértebra roto. E puido ser peor, pero o coche que viña parou a tempo e a súa condutora baixou rápida para axudarme. Grazas ruliña e que deus cho pague, a ti e aos outros veciños que botaron unha man. Agora, a miña cabeza non para pola miña estupidez: ”Ti sabíalo, ti o sabías!” Certo, eu sabíao e no Concello tamén o saben, pero... Quen será o seguinte? Por favor, teñan coidado aí fora.
 

Sabíao

Te puede interesar