O rural

Entendo as queixas dos veciños do Rural, pola falta de solucións para os seus múltiples problemas, a maioría deles que xa veñen de lonxe e que, só nunha pequena parte, poden achacarse ao actual goberno municipal. Lémbrese o compromiso ante notario do anterior Alcalde, no que se comprometía a “garantizar a todas las personas que viven en el rural que van a poder disfrutar de las mismas condiciones y en igualdad de oportunidades que los que viven en el ámbito urbano”, (Punto 7). Aínda que algo se fixera entón, en materia de corte de maleza, a verdade é que, nos demais problemas, nada se conseguiu, malia a boa vontade do anterior concelleiro do Rural, que xa era antes presidente da agrupación de entidades e que volve a selo agora. O transporte, a rede de augas sucias, o baleirado das fosas sépticas, o acceso a Internet e outras máis, son algunhas das actuacións que poden considerarse prometidas ante notario. Mais unha cousa é garantir e outra cumprir. Ou non é? 

O rural

Te puede interesar