Revolto

Seica anda revolto o estamento xudicial no país, por mor de certas conversas telefónicas  que, dalgún xeito que os cidadáns do común descoñecemos, foron interceptadas, “eles” saberán por que. Máis aló da aludida tolemia dunha xuíza e da honorabilidade dos compoñentes da xudicatura, temas sobre os que eu no quero opinar, hai unha cuestión, cando menos inquietante, que é o feito de que as comunicacións telefónicas podan ser rexistradas e ademais, sacadas á luz pública. Non sei se estaremos nunha situación de Estado Policial, na que as liberdades e o tan cacarexado Estado de Dereito son pura teoría. De calquera xeito, o que parece que non se pode poñer en dubida é, a subsistencia do franquismo no poder xudicial, tal como se denuncia no libro “Jueces pero parciales” e como demostrou claramente, o caso do xuíz Baltasar Garzón. Que por outra banda, non é o único caso de xuíz molesto afastado do seu cargo. Non é raro pois, que a cousa estea algo revolta. Como case todo.

Revolto

Te puede interesar