Retallos

c deste xornal, o artigo dunha colaboradora, que despois dunha viaxe a Bruxelas, chegara á conclusión de que non quería ser europea. Sentín a decepción da protagonista, pero tamén aledoume non atoparme só na miña apreciación de que esta Europa é unha fraude, ideada e consentida, por aqueles que tiraron e tiran proveito desa auténtica farsa política. Coido que o que se pretende é facer unha nova versión dos USA, onde todas as miserias da capital europea, atópanse nas grandes capitais estadounidenses, repetidas e aumentadas. Non vai moi descarreirada a idea de que boa parte de Europa debería aspirar a ser ser coma nós, malia recoñecer que, tamén aquí, se ve xente durmindo nos portais e comendo nas entidades benéficas. Son as consecuencias dunha sociedade deshumanizada, que está planificada e orientada para o beneficio duns poucos. Habería que cambiar esta situación, pero para iso, temos que comezar por cambiar nós. Non si?

Retallos

Te puede interesar