República

O pasado día 14 foi o aniversario da 2ª República, que chegou a España no ano 1931, cando no pais o sentimento republicano non estaba moi estendido entre a xente da rúa. Segundo os historiadores, os homes que compuxeron o goberno, estaban cheos de ilusión, pero sen experiencia para enfrontar a difícil tarefa de gobernar un país con tantas dificultades. E así, dirixidos por don Niceto Alcalá Zamora, decidiron amañar os problemas dos rexionalismos, da relixión e da economía semi capitalista, e a falta de planificación para emprender as reformas social e agraria. 
Hoxe, 86 anos despois, os problemas seguen a ser case os mesmos:  as Autonomías e o independentismo; o catolicismo que segue a ter unha grande influenza; a economía agora xa capitalista, cunha forte oligarquía e, adiadas as indispensables reformas social e agraria. Xa que logo, aparte de rematar coa ditadura, e fachendear coas liberdades, máis ben teóricas, que lle aportou ao país esta democracia? Só corrupción?
 

República

Te puede interesar