Recuperación

Segundo os informes dalgúns expertos, semella que a crise está comezando a remitir e albíscase xa un tímido intento de recuperación económica

Segundo os informes dalgúns expertos, semella que a crise está comezando a remitir e albíscase xa un tímido intento de recuperación económica, aínda que de momento non chega aos países menos desenvolvidos e, nos outros, a melloría non chega ás capas máis febles da sociedade. A min cústame traballo crer que as drásticas medidas do goberno español teñan influencia noutros países, a non ser naqueles que foron a peor. Eu acredito máis nos que opinan que a melloría se debe á inercia da vida mesma, que fai desenvolverse os acontecementos de xeito alternativo, xa se sabe, aquilo das vacas gordas  e as vacas fracas. Claro que certa clase de persoas soen ter influenza nese sube e baixa da economía, pero seguen obedecendo á inexorable lei da vida. Agora din que a cousa vai ben e, os nosos gobernantes sacan peito, mais eu resístome a crer que o sacrificio dos españois amañara a crise mundial. Desde logo hai moitos españois que non “tragamos”. Pero hainos que viven ben.