Puritanismo

eica os líderes de Podemos son contrarios á contratación de buques para Arabia Saudí, alegando a ausencia nese país de democracia e respecto aos dereitos humanos, ademais do suposto apoio ao terrorismo. En principio, esa decisión parece axeitada, tratándose da procura dun mundo mellor, co rexeitamento de calquera iniciativa armamentística, mais a min ocórreseme pensar se non habería que facer o mesmo con todos aqueles países de réximes totalitarios, aos que mercamos petróleo ou gas, que serven para abastecer á nosa industria, incluída a que se dedica a fabricar equipos e armas para uso propio e alleo. De non ser así, esa “oposición” máis parece un acto de puritanismo político de cara á galería electoral, que unha opinión meditada e sopesada. Porque se cadra, eles “poden”, pero como dixo –máis ou menos– o sindicalista gaditano, “nós non podemos prescindir dese traballo, se non queremos morrer de fame”. O de sempre: é fácil predicar, pero sin dar trigo. Non é?
 

Puritanismo

Te puede interesar