A propiedade intelectual

O escaso apoio normativo que o artigo 396 do Código Civil prestaba á Lei de Propiedade Horizontal, fixo necesaria a súa adecuación á realidade social, xa que: “A esencial razón de ser do Réxime da Propiedade Horizontal, descansa na finalidade de acadar o acceso á propiedade urbana, cun investimento de capital que, estando circunscrito ao espazo e elementos indispensables para atender as propias necesidades, resulte menos cuantioso e máis axeitado para todos”. “Xa que logo, o Réxime da Propiedade Horizontal, non só precisa ser recoñecido, senón que require orientalo e dinamizalo, dotándoo dunha ordenación completa e eficaz”. Mais, se esa ordenación non é eficaz, haberá quen, obviando o espírito da Lei, non permitan o acceso á propiedade, tal como sucede co Concello de Ferrol e as Vivendas Protexidas de Recimil, que foron concibidas coa preferencia da amortización, agás que “altas razóns” o impedisen. E se non existen esas altas razóns, hai abuso. Penso eu, claro. 

A propiedade intelectual

Te puede interesar