As Pepitas

A celebración do San Xosé é unha das máis senlleiras das nosas tradicións, que se mantén ano tras ano, seguida por toda a xente con fervorosa devoción. Coido que nun principio a festa, de claro matiz romántico, ía dedicada a todas as noivas ferrolás e ás rapazas novas, chamadas Xosefa e os seus derivados, Pepa, Pepita, Pepucha, Josefina e outras,  mais logo pasou a celebrarse como unha homenaxe dos homes á muller ferrolá e por extensión a todas as mulleres, da Comarca e de calquera lugar onde se festexa ao santo Carpinteiro. En realidade, esa merecida homenaxe, sen perder a súa carga de romanticismo, debe ir dirixido a todas as mulleres do mundo, avoas, nais, esposas, compañeiras, fillas e netas, sen distincións, pois elas son a fonte orixe do manantial da vida. Esquecer o moito que lles debemos sería un acto impropio de ben nacido. Pola miña parte, súmome con alegría a esta tradicional festa. Para todas elas, agora e sempre, a miña maior admiración e respecto.  
 

As Pepitas

Te puede interesar