Patrimonio

tema  da Candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade, foi noticia hai uns días e seguro que aínda dará moito que falar. Seica o Foro Ferrol Vivo é a entidade que impulsa esa iniciativa e que, os últimos cinco alcaldes ferroláns, coincidiron no seu apoio na mentada candidatura. Seguramente, para moitos cidadáns do común, este asunto non teña demasiada importancia, aínda que pode ser importante o feito de coincidir tan diferentes ideoloxías políticas e con tan diferentes xeitos de entender o proxecto de cidade. Lembro casos como o da Praza de España, cun proxecto duns que outros amolaron; o do incrible túnel das avenidas de Vigo e de El Rei; o da Fábrica de Lápices; o da “Palangana” de Sartaña; o da fraga de Menáncaro; os intentos de derruba das Casas Baratas... Coido que primeiro habería que resucitar a este Ferrol morto e convertelo en patrimonio de todos os ferroláns, porque de momento unha boa parte da cidade segue a ser Patrimonio de Defensa. Ou non é? 
 

Patrimonio

Te puede interesar