Opinar

Opinar é un dereito que, como case todos os dereitos leva aparellado un deber, que é o de estar informado do tema do que se opina. Coido que ese deber atinxe a todo tipo de temas, desde o fútbol á relixión, pasando pola política, que son dos máis debatidos e nos que hai opinións a favor ou en contra dun equipo, dunha crenza ou da valía dun político sen que se expoñan circunstancias ou se expresen matices sobre a cuestión. No caso concreto dunha política ferrolá recentemente desposuída dos seus cargos, xa hai quen defende a súa decisión de continuar como concelleira, mentres outros din que debería entregar a súa acta, porque esta pertence á lista na que estaba incluída, que foi a votada polos cidadáns. Mais esa lista estaba apoiada nun programa e, xa que logo, habería que saber se hai un incumprimento do programa e por parte de quen, porque quen debería saír é quen faltou ás promesas feitas aos votantes. Eu como non sei, non opino, mais gustaríame saber. Pois si.

Opinar

Te puede interesar