O 155

Por mor do problema catalán, aparecen a cotío nos medios informativos, alusións sobre o Artigo 155 da Constitución Española, sen que, case nunca, se explique ou analice o contido de tan mentado artigo do que, posiblemente, a maioría dos españois non teñen nin idea. Seica ese artigo protexe o interese xeral  de España, no caso do incumprimento das leis por parte dunha Comunidade Autónoma; e seica tamén, que ese parece ser o caso dos separatistas cataláns.  Mais, coido eu que, o interese xeral de España debería ser establecido por todos os españois dun xeito irrefutable, cousa que non se pode asegurar nestes tempos, nos que o interese de España máis ben parece coincidir co interese de certo partido político. Por outra banda, que pasaría se os “tolos” independentistas apoiasen a súa esixencia precisamente “no interese xeral de España”? Porque pode que si e pode que non, pero como dicía un amigo de meu, “o máis seguro é ¿quen sabe?” Eu non o teño moi claro. E vostedes? 

O 155

Te puede interesar