Máxica

Adoitase cualificar así á noite das Pepitas, na que soe reinar un bo ambiente musical para disfrute de todos. As rondallas, que xeralmente están formadas por xente maior, comezan a súa andaina a media tarde e rematan xa ben entrada a noite. É un esforzo que precisa algún momento de descanso, para comer algo e repoñer forzas. Por iso, algúns hostaleiros ofrécenlles un “tente en pé”, mesmo diante dos seus locais, entre canción e canción, coa ledicia da xente. Mais este ano, parece que alguén quixo estragar a maxia da celebración, obrigando a una das agrupacións a desaloxar a rúa, ante a prohibición de consumicións no exterior. De nada serviron as explicacións dos cantores, alegando que aquilo non era “un botellón”. Os axentes cumpriron as ordes con firmeza. Non se entende tal cerrazón para cun acto organizado polo Concello, a menos que a “alguén” se lle ocorrese “darlle nos fuciños” aos responsables da organización do festival. Porque en Ferrol, case todo é posible. Ou non?   
 

Máxica

Te puede interesar