Matices

Falando de cores, adóitase dicir que non todo é branco ou todo negro, pois que hai numerosos matices entre estas dúas percepcións. Matinando nesta idea, ocórreseme pensar se iso dos matices se pode aplicar a conceptos como a honradez ou a democracia. Por exemplo, non sei se haberá graos de honradez ou de democracia, de xeito que se poda ser máis honrado ou menos honrado, ou ser máis demócrata ou menos demócrata. Outro dos temas que me preocupan é o do respecto ás leis. Porque hai leis que quedan por debaixo de outras de rango ou nivel superior e, xa que logo, hai que ter moito coidado, pois pódese cumprir unha lei incumprindo outra. Coido que non se pode escoller a lei que queres cumprir ou que cada un faga a súa lei propia. É indiscutible a necesidade de que haxa unha Lei para a convivencia e que se necesitan unhas normas que han de ser acatadas por todos, pois de non ser así, sería un desastre e non habería honradez nin democracia. E sen matices. Digo eu, claro.

Matices

Te puede interesar