Manobras

Ointerese dos partidos políticos en ”centrarse”, descubre a falta de ideoloxía na política actual Velaí a dona Cospedal  querendo situarse no “centro dereita”; ou a tendencia do PSOE facilitando o goberno do PP; ou o sr. Errejón tratando de “abrir o partido”; ou o sr. Rivera desligándose da dereita e converténdose en “liberal”; e todo, para tentar de acadar os votos dese importante núcleo de persoas, incluídas no que se da en chamar “centro” e que é o lugar dos febles, dos inseguros, dos apáticos, dos cómodos, dos que, definidos dun xeito enxebre, cualificaríamos como “os de nin arre nin xo”. En definitiva, esa é a xente menos de fiar en calquera circunstancia da vida e, nembargante, adoitan ser decisivos para escoller a quen deba gobernar o país. Por aí van as manobras dalgúns dos partidos políticos. Outros tentan de fomentar a crenza nas súas ideas, mais tópanse coa desconfianza dos conformistas. Xa se sabe: vale máis malo coñecido... E así nos vai. Digo eu, claro

Manobras

Te puede interesar