Intervencións

seica desde o Concello de Ferrol estase a falar de 72 intervencións en Recimil e, coido eu que serán nas Casas Baratas e non en todo o barrio. 
A nova foi ben recibida polos máis optimistas (catro): “Parece que por fin  van facer algo serio, que xa ía sendo hora”, din. Por parte da maioría, (uns seiscentos), o sentimento é de incredulidade: “Será outra trapallada máis das moitas que levamos aturado deste Concello”; o resto, n/s, n/c. Fora do barrio tamén se comenta o asunto: “Pobre xente, eu non sabía que tiñan tantas goteiras”. “Que non señora, que non se trata de goteiras, que desas hai moitísimas máis; trátase de... trátase de... Ben, eles saberán de que se trata, porque os veciños non saben nada”. “E logo iso da participazón cidadá non funciona”. “No caso das Casas Baratas non. Eles son cidadáns de terceira”. “Pois deberían protestar”. “Xa, pero son xente maior con pensións baixas e téñenlle medo ao Concello”. Pois isto é o que hai. Malfadadamente.
 

Intervencións

Te puede interesar