Interesante

coido que podería resultar interesante que os cidadáns saiban que a política en xeral ten unha grande compoñente de farsa, é dicir, que no devir político hai moitas mentiras, coñecidas e asumidas por todos. Refírome aos acordos que se toman en Concellos, Deputacións e Parlamentos, tanto nos autonómicos como nos estatais. Por exemplo: nun concello acórdase por unanimidade amañar unha rúa, urbanizar unha praza ou limpar unha praia, pero se non se cumpren eses acordos, non pasa nada. E máis vergoñento resulta o tema dos orzamentos, que é o asunto máis importante para un goberno. Pois ben, os diferentes partidos discuten e pelexan por facer uns orzamentos ao xeito de cada un; por fin chégase a un acordo, fanse uns orzamentos e despois, só se executa aquela parte deles que aos do goberno lles interesa. É dicir, que todo é unha farsa, porque ninguén é sancionado  polo incumprimento. Deste xeito, o alcalde que non ten orzamentos, ou é moi parvo ou moi honrado. Non é?

Interesante

Te puede interesar