Intelixentes

Cando nos cambiaron os contadores da luz, dixéronnos que eran uns aparellos “intelixentes”. Agora, coas novas tecnoloxías, case todos os aparellos novos que van saíndo teñen a vantaxe de seren intelixentes e, certamente, algúns deles nos superan en intelixencia  ou, cando menos, póñennos en dificultades para entendelos e poder manexalos. Antes, co vello contador podías saber en calquera momento a enerxía consumida. No caso dos novos contadores, como xa non temos que manexalos e, se o miras moito podes rematar mareado, eu  xa renunciei  a entender o meu, pois fora de ollar a data e a hora, non son quen de saber se sempre é “pantalla rodante”,  ou como interpretar os períodos “chan 118.1” e “val 1.18-2” ou cal é a secuencia de pantallas de 2 segundos. 
En realidade, tanto ten que o mires como se non: a Empresa cobrarache sempre o que lle diga o seu intelixente “robot” e, xa que logo, só podemos agardar que, ademais de intelixente sexa honrado. O contador, claro.   
 

Intelixentes

Te puede interesar