Harmonía

Ante el terror, sensateznoso dicionario recolle, entre varios significados de harmonía, a concordancia de opinións, sentimentos, etc. Xa que logo habería que considerar que entre os membros dun partido político debería existir harmonía, por ser xente coincidente en opinión e sentimentos. Mais a realidade é que, aínda coincidindo en sentimentos, pode haber disensión nas opinións en diferentes temas e, as veces, xurde unha voz que desentoa. Entón, a disciplina obriga a manter esa harmonía, baixo pena de ser relegado e mesmo expulsado do Partido. Alguén expresou acertadamente esa situación dicindo: “O que se mova, non sae na foto”. Nestes corenta anos de Democracia (?), xa temos visto exemplos de disidentes “defenestrados”, malia que, algúns deses protagonistas seguen a traballar polas súas ideas, considerando que teñen unha responsabilidade moral, con quen lles concedeu a súa confianza a través do voto. Todo un exemplo de valentía que non sempre é ben entendido. É unha mágoa, non si?  

Harmonía

Te puede interesar