Folgas

Sabido é que as folgas son a única forza que poden usar os traballadores para acadar algunha mellora de tipo laboral, aínda que podan utilizarse tamén con fins políticos. A folga das auxiliares do naval provocou unha polémica sobre a súa oportunidade. Mais, cal é o momento oportuno para facer unha folga? Evidentemente cando se pode causar ao empresario o maior problema, buscando o menor prexuízo para os traballadores, que son, directamente, os máis prexudicados en cada folga. Sen pretender “pontificar” neste tema, que coñezo bastante ben por ter participado nun considerable número destas actividades, coido que é importante sinalar que en Ferrol e, máis concretamente na Bazán, case a metade das folgas facíanse para acadar un Convenio; e case a outra metade facíanse para obrigar á Empresa a cumprir o Convenio firmado. Xa que logo, o problema está, aínda hoxe, na ausencia dunha lexislación axeitada que estableza as responsabilidades de cada quen. Paréceme a min, claro.
 

Folgas

Te puede interesar