Filósofos

Seica entre os gregos ilustrados da antigüidade, considerábase esencial a unión da intelixencia e o poder para gobernar o mundo. É dicir, os filósofos deberían facerse gobernantes, ou os gobernantes deberían facerse filósofos. Pois ben, se aqueles admirables gregos tiñan razón, hai que recoñecer o fracaso da humanidade despois de tantos séculos, pois máis ben parece que, ao longo da historia, os gobernos estiveron formados por persoas fachendosas, máis preto da estupidez que da intelixencia. E coido que temos exemplos dabondo que xustifican a profunda greta que existe entre a intelixencia e o poder, o que fai albiscar a posibilidade non descartable, de chegar a un enfrontamento que sería a fin da humanidade. Non quero alarmar a ninguén, pero boten unha ollada ao panorama internacional, vexan quen ten o inmenso poder de destrución nas súas mans e despois, díganme se estou tolo ou son un esaxerado. Ou as dúas cousas, se cadrar. Perdoen, hoxe teño un mal día. Pois si.  
 

Filósofos

Te puede interesar