Facenda

Sinceramente, teño que recoñecer que para min, aquilo de que a Facenda somos todos é, como dixo aquela avogada, unha frase publicitaria e nada máis. Pola miña parte, afirmo que Facenda somos todos os que pagamos, pero o resto non. Ser parte de Facenda implica pagar a o Estado, unha parte dos teus ingresos, segundo as normas establecidas. En troques, terás o dereito de disfrutar dunha serie de vantaxes, como unha pensión, a seguridade social, a educación para os nenos e, por exemplo, das redes de estradas, ferroviaria e outras. Xa é bastante indignante que pagando igual ou máis, a calidade das prestación que recibes sexa inferior as doutros, pero aínda e máis grave que haxa quen se aproveita delas sen pagalas. Eses, non son facenda, pero teñen moita fachenda cando se poñen en plan patriota e enchen a boca toda para defender España, como si fose deles e estivese atacada polos que pagamos. Pois non, Sr. Montoro, Facenda non somos todos. Que non , home, que non! .

Facenda

Te puede interesar