Estratexia

Semella que os partidos políticos sempre teñen á man a un “segundón” a quen utilizar como unha especie de “para-raios”, para evitar así o desgaste dos persoeiros de primeira fila, que soen ser o branco dos ataques da oposición e da opinión pública. Estes aprendices de políticos adoitan ser xente nova, con pouca experiencia, que se dedican con entusiasmo a provocar aos rivais políticos para lucir as súas habilidades e tratar así de que sexan os outros os que teñan que defenderse dos ataques e non se poidan ocupar de amolar aos seus “xefes”. Case sempre, a estes “parachoques” pásalles o mesmo que aos dos coches, que son os primeiros que acaban rompendo, porque normalmente non teñen a consistencia necesaria para soportar os embates de elementos de superior categoría dialéctica. Mais algunha vez, o elixido é un home con experiencia, que sacrifica a súa carreira na defensa dos de primeira fila, se ben, nestes casos, a recompensa soe ser gratificante.

 

Estratexia

Te puede interesar