Enriquecer

Resulta que o Sr. Ministro de Exteriores dixo que emigrar enriquece e que abre a mente. Por suposto, estas declaracións levantaron unha morea de críticas. Houbo quen dixo que iso era unha estupidez e outro acusouno de non coñecer a realidade do país. Con tal opinión da emigración, parece que don Alfonso non tivo que saír como emigrante na procura dun traballo que lle permitise librar á súa familia da fame e do frío, que xeralmente son os motivos que empuxan a quen emigra. Quero crer que se refería a aqueles rapaces novos, ben preparados, que saen a buscar algo que aquí non atopan. Mais mira por onde eu, que fun emigrante, coido que non lle falta algo de razón ao Ministro, pois no meu caso, enriquecín o meu bagaxe cultural con outro idioma, e abríuseme a mente de tal xeito, que comprendín que non hai nada que compense deixar á familia e que non estarei en ningures mellor que no meu país, para que non me ollen por riba do ombreiro. Foi só un ano, pero que longo! 
 

Enriquecer

Te puede interesar