Enfoque

normal que os políticos vexan as cousas desde cadansúa ideoloxía, pero se non fan un enfoque correcto, igual que nas fotos, a imaxe pode saír desenfocada. É o caso da Planta de Gas, debatido no pleno municipal do mes pasado. Seica houbo un acordo unánime no desatino que a súa ubicación supón dentro da ría, pero mentres uns falaron de desmantelar e outros de trasladar, a voceira do PP tentou de xustificar o xa feito, de xeito que recoñeceu implicitamente que iso é unha aberración medioambiental e unha falcatruada económica. A señora Aneiros dixo algunhas verdades, porque é certo que non se pode coller a planta e trasladala e que custou unha morea de millóns; pero non é verdade que se perderían moitos postos de traballo, porque facer unha nova e máis grande, daría máis traballo e, si os buques usaran o gas como combustible, a instalación en Caneliñas faría o proceso mais cómodo, rápido e seguro. E os cartos, se é tan importante e hai negocio, xa aparecerán. Ou non?
 

Enfoque

Te puede interesar